plus Próximos eventos

plus Calendario

plus Inciar sesión

plus Idiomas

Valid HTML 4.01 Transitional

Valid CSS

Noticias para septiembre#15
Burlok
Webmaster

Data 03/09/10 - 01:22:49
Tras dous meses sen actualizacións, voltamos a escribir en Galicia Rol. Entre as vacacións, a deixadez, outros proxectos e os exámenes de setembro este espazo quedou un pouco bastante abandonado, pero aquí están enunciadas as novidades:

- Estamos preparando un novo formato para a páxina. Os dous cambios máis salientables son que queremos formar un equipo de redación (ao que calqueira de vós está invitado) para actualizar con máis frecuencia o portal, e que o foro vai a ser suprimido. Máis adiante explicarase o porqué destes cambios.

- No seu día avisouse de forma puntual sobre a existencia de El Torneo de las Espinas, unha partida de rol en vivo organizada polo Colectivo Lúdico Hermes e ambientada no mundo fantástico da saga de novelas Canción de Xeo e Lume, escritas por G. R. R. Martin. Dita partida celebrarase entre o sábado 18 e o domingo 19 de setembro, na granxa escola A Casa da Terra (en Antas de Ulla, a media hora dende Santiago), e aínda hai vacantes dúas prazas de xogadores. Para máis información sobre o evento, consultar o fío no foro do Colectivo Hermes: http://colectivohermes.creatuforo.com/r ... ma241.html.

- Como tamén xa se anunciou no seu momento, o xogo de rol en vivo Irmandiños: a Revolta foi cancelado indefinidamente. Tamén anunciouse no seu momento que a modo de substitución estábase a preparar outro evento, de moita menor enverguedura. Pois ao fin foi anunciado baixo o título de O Torneo do Camiño, un grande torneo de softcombat que terá lugar o sábado 25 de setembro en Santiago de Compostela. Poderédesvos informar con todo detalle acerca do evento tanto na súa páxina web (http://www.torneodocamino.org) como no evento creado ex profeso en Facebook (http://www.facebook.com/event.php?eid=151630511523275).

Nada máis polo momento. Manterémosvos informados de futuros eventos e próximos cambios na páxina. Sorte para aqueles que estén con exámenes de setembro e un saúdo a tódolos demais.
0 comentarios40 lecturas

Jugger en Santiago#14
Burlok
Webmaster

Data 26/06/10 - 22:19:03
Breixo, un dos nosos usuarios, organiza unha partida de Jugger en Santiago de Compostela para o próximo 10 de xullo. Cobrarase unha cuota de inscrición para o aluger da zona de xogo (que aínda está por determinar) e proporcionaranse armas de softcombat regulamentarias para o partido. O evento só levarase a cabo se hai un mínimo de 8 xogadores.

Para máis información, http://colectivohermes.creatuforo.com/j ... ma259.html.
0 comentarios165 lecturas

Irmandiños 2010 definitivamente cancelado#13
Burlok
Webmaster

Data 22/06/10 - 14:16:26
O xogo de rol en vivo Irmandiños: A revolta está definitivamente cancelado. Pódese ver o comunicado oficial dun dos membros da empresa organizadora 13Negativo no grupo de Facebook creado para esta próxima edición, que finalmente non terá lugar: http://www.facebook.com/group.php?gid=82589297955.

No seu lugar estase a organizar un novo evento encadrado na mesma temática (rol en vivo e softcombat e relación ca historia de Galicia), que terá lugar en Santiago de Compostela probablemente nas mesmas datas para as que estaba previsto Irmandiños (setembro - outubro de este ano 2010). Próximamente darase máis información ao respecto.
0 comentarios155 lecturas

Galicia Rol novamente "operativa"#12
Burlok
Webmaster

Data 17/06/10 - 01:15:18
Sentimos este fallo técnico que nos tivo case unha semana fora de servicio. Tívose que mudar o sitio e a búsqueda e cambio de hospedaxe levou máis tempo do que nun inicio se pensou. De todos xeitos, por algunha estrana razón non se amosan as mesaxes no foro (nembargantes, si na páxina principal e na base de datos, non se perdeu nada).

Pasemos a engadir as novedades máis próximas (e non tan próximas):

- Xa se empeza a comentar que Irmandiños 2010 non se celebrará. Non obstante, aínda non houbo comunicados oficiais, pero tanto as páxinas e foros oficiais adicados a este xogo de rol en vivo como as da empresa organizadora levan un tiempo caídas ou sen actualizar, e dende a Xunta non se mencionou nada ao respecto. Para manterse informados recomendamos seguir a páxina de Facebook administrada por aficionados cas derradeiras novidades sobre o evento: http://www.facebook.com/group.php?gid=82589297955.

- Do venres 2 ao domingo 4 de xullo celébrase o denominado Primer feirón medieval dos Andrade, a primeira feira medieval que se celebra en Pontedeume. Toda a información sobre o evento pódese atopar na súa páxina oficial (http://www.pontedeumeturismo.es/feironm ... /index.htm) e estarán presentes membros tanto da Asociación Xuvenil Draco de A Coruña como do Colectivo Lúdico Hermes de Redondela.

- A asociación xuvenil Draco ten programada para o 10 de xullo a partida de rol en vivo Intrigas palaciegas. As plazas xa están cobertas, pero para calqueira cuestión acerca do evento acudide ao foro de Draco.

- Tamén da mano de Draco estase a fixar para a primeira semana de xullo un obradoiro de traxes medievais. A idea é que cada un aporte o seu material e entre todos axudemos a confeccionar algunhas prendas de vestir ao estilo do medievo con vistas a futuros eventos como feiras ou partidas de rol en vivo.

- No Colectivo Lúdico Hermes estase organizando o rol en vivo El Torneo de las Espinas, unha partida ambientada no mundo das novelas de Canción de Xeo e Lume, serie de libros escrita por George R. R. Martin. Tamén están pechadas as plazas, pero teñen unha lista de espera por se algún dos inscritos falla cando se saiba a data definitiva do evento, que será a finais de setembro.

- O colectivo Recreaciones Caballeros Mercenarios organiza unha partida sobre a Mafia o 30 de xullo en Santiago de Compostela. Aínda quedan plazas dispoñibles, e para calqueira información adicional visitade o foro www.lamafianoperdona.forogratis.info.


En breves solventarase o problema das mesaxes no foro e actualizarase a lista de eventos. E para os desafortunados universitarios que seguen (¡seguimos!) en exámenes, sorte dende Galicia Rol.
1 comentario151 lecturas

[Evento] Gira ExpOtaku 2010 (día dos)#11
Burlok
Webmaster

Data 03/05/10 - 17:48:02
Gira ExpOtaku 2010 (día dos)

Data do evento: 23/5/2010
Duración: 10:00 - 20:00
Ubicación: ExpoCoruña, avda. da Universidade, s/n, A Coruña

Para más información, consultar http://www.expotaku.com.
0 comentarios182 lecturas

[Evento] Gira ExpOtaku 2010#10
Burlok
Webmaster

Data 03/05/10 - 17:45:36
Gira ExpOtaku 2010 (día uno)

Data do evento: 22/5/2010
Duración: 10:00 - 21:00
Ubicación: ExpoCoruña, avda. da Universidade, s/n, A Coruña

Para más información, consultar http://www.expotaku.com.
0 comentarios154 lecturas

La Novia de la Muerte, módulo para D&D#9
Burlok
Webmaster

Data 27/04/10 - 15:35:26
Uno de nuestros usuarios, Fian, ha decidido hacer público un módulo de creación propia para el archiconocido juego de rol Dungeons & Dragons. Este módulo, llamado La Novia de la Muerte, ha sido finalista en un concurso reciente y está pensado como partida introductoria a la primera edición de este juego, aunque como bien indica el autor es escalable y adaptable a cualquier nivel de experiencia. No desvelaremos nada relacionado con la trama para no estropearla a posibles jugadores; de hecho, el propio autor recomienda no leer el módulo al completo si se pretende participar en una partida como jugador (y no como director).

Podéis encontrar el módulo en la sección de descargas, además de una ficha de personaje para D&D primera edición editada con motivo de su publicación. ¡Esperamos que os animéis a jugarla próximamente!
1 comentario155 lecturas

ExpOtaku y nuevos proyectos#8
Burlok
Webmaster

Data 25/04/10 - 17:35:00
A pesares de que levamos moito sen actualizar, en Galicia Rol seguimos en activo. Próximamente está prevista unha nova actualización importante do sitio para facilitar o desenvolvemento dos novos proxectos que temos en mente.

Entre outras cousas, os administradores de Galicia Rol pasamos a ser socios da Asociación Xuvenil Draco e a colaborar máis intensamente con eles, comezando por estar presentes no posto que terán no grande evento que será a Xira ExpOtaku 2010. Para os que non o coñezan, o mellor é que visiten a páxina oficial (www.expotaku.com), pero sintetizando será unha macroactividade para a promoción do ocio "otaku" (anime, manga, rol, videojuegos, ...) en Galicia, e será a primera desta magnitude que se celebra na nosa comunidade autónoma. Dende aquí instámosvos a todos a que acudades e participedes nos concursos e obradoiros, ou que vos animedes a asistir ás conferencias ou ás proxeccións que se farán ao longo dos dous días que dura este evento.

O éxito da iniciativa Expotaku en A Coruña terá unha grande repercusión a posteriori, pois sentará as bases á hora de realizar novos eventos de semellantes características e será un soporte no que se poidan apoiar outras entidades relacionadas con este mundo para desenvolver actividades que impulsen o ocio en Galicia. ¡Contamos coa vosa colaboración para que esto sexa posible!

Por lo de agora, deixámosvos co cartel promonocional do evento. Manterémosvos informados.

[spoiler=1]
http://www.expotaku.com/images/EOC2010.jpg
[/spoiler]
1 comentario179 lecturas

[Evento] I Jornadas Gygax A Coruña 2010#7
Fenix
Usuario

Data 27/02/10 - 17:08:41
I Jornadas Gygax A Coruña 2010

Data do evento: 6/3/2010
Duración: 17:00 - 20:45
Ubicación: Fórum Metropolitano (A Coruña)

[spoiler=2]
http://galiciarol.org/eventos/2010-03-06/cartel_I_jornadas_gygax_coruna.jpg
[/spoiler]
El próximo sábado 6 de marzo la Asociación Juvenil Draco organiza unas jornadas de rol en conmemoración del aniversario de la muerte de Gary Gygax.

Las jornadas se llevarán a cabo en las aulas de la segunda planta del Fórum Metropolitano de A Coruña (Parque Europa, c/Río Monelos, s/n). Las jornadas están especialmente orientadas a Dungeons & Dragons, pero están abiertas a cualquier otro juego que os animéis a dirigir. Por supuesto, son totalmente gratuitas y abiertas al público. No es necesario apuntarse previamente, aunque si lo haceis nos ayudáis a ir organizando mejor las cosas. Os dejo por aquí el planning de las mismas:

17: 00 - 20:00
    PARTIDAS DE ROL

    1) Partida D&D 3ªed niveles altos (10)
    Master: Irzak
    Jugadores: 3-6

    2) Partida D&D 3ªed niveles medios (5-6)
    Master: Fenix
    Jugadores: 3-5

    3) Partida Reinos de hierro (sistema d20)
    Master: Konum
    Jugadores:

    4) Partida de D&D 1ªed
    Master: Fian
    Jugadores: 3-5

    JUEGOS DE MESA Y DE CARTAS

8:00-8:45

8:45
    FIN DE LAS JORNADAS


¡Nos encantaría contar con vosotros!

¡Un saludo!
20 comentarios465 lecturas

Jugger: eventos introdutorios#6
Burlok
Webmaster

Data 24/02/10 - 11:37:33
Xa hai outro fío no que se fala sobre o Jugger e sobre un evento introdutorio a nivel galego, pero xa que houbo algúns interesados quereriamos ter algo máis concreto de cara á posibilidade de levalo a cabo nun futuro.

Xa comentou .:peter:. que tiña algo en mente, e aínda que non deu máis información intúese que sería en Coruña. Tampouco di se o está preparando a título individual ou como entidade, pero de todos modos animámoslle a que comente tódalas ideas que ten e igualmente animamos ás asociacións que xa se presentaron en Galicia Rol a que, se lles interesa, colaboren na organización.

De momento a xente que se declarou interesada foi:
  • .:peter:.
  • Fenix
  • Burlok
  • Fian
  • Damián
  • Efren
  • Pacuxo

E podería ser que se anime alguén máis informando e publicitando un pouco, por ser un tema novidoso.

Como actividades, paréceme apropiado o que dixeron tanto .:peter:. como  Ogruu (un dos responsables da asociación Dado de dragón):
  • Obradoiro de armas e reglas.
  • Partidos rápidos para familiarizarse co modo de xogo.

Aproveitade esta noticia para dar máis ideas, posibles lugares, xente disposta a apuntarse, incluso para desbotar a iniciativa se non parece interesante. O que sexa que se poida aportar.
4 comentarios347 lecturas

Amosando 10 noticias dun total de 15 [ 1 2 ]
 Seguinte 5 »

Notice: Unknown: Skipping numeric key 13314 in Unknown on line 0